viernes, 3 de julio de 2015

Comezamos a nosa viaxe!

Hola vistantes da nosa blogue!

As Xoubiñas xa estamos de volta despois das vacacións de verán. Neste tempo de descanso collemos forza para afrontar o novo curso con ganas e ilusión.
Así, á nosa chegada ao colexio descubrimos os cambios que houbo nel xogando por todo o cole con diferentes pistas. Con este xogo coñecimos os novos contos que hai na biblioteca, coa axuda do "escaravello vermello" que vive nela; os cambios no noso patio, comparando as fotos sacadas durante o curso pasado, e sobretodo os cambios que houbo na nosa clase.

Agora na nosa aula contamos con amigos novos, o científico Enmett, máis coñecido como Doc, e Marty Mcfly; e cun elemento, o "condensador de fluzo" , que parece que vai a axudarnos a viaxar no tempo durante este curso! 

Tamén queríamos adiantarvos que estamos comenzando a traballar na creación dun mapa do noso colexio para que o noso amigo Doc poida coñecelo mellor. 

Manteremosvos informados do nosos descubrimentos e avances!


Un saúdo,
As xoubiñas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario