sábado, 4 de julio de 2015

Novos materiais de aula!

Hola!

Hoxe queremos enseñarvos diferentes materiais cos que contamos na nosa aula este ano.

En primeiro lugar o noso "consensador de fluzo" o cal nos fixo chegar Doc e no que nos vai a enviar obxectos, imaxes, e moitas cousas máis sobre as súas viaxes no tempo!



Nos noso rincóns tamén temos cousas novas como o xogo de colas e cabezas de animais no rincón de "falando con letras".



 Ou os libros de personaxes de contos con letras moviles como o libro da cebra Camila e o catálogo de personaxes de conto.


No noso rincón de "construir, contar e ordear" temos un novo xogo co que aprenderemos a ordear historias.


 E un libro no que xogaremos cos diferentes números de calzado dos nenos  e nenas da aula.

Esperamos que vos gusten todos os nosos novos xogos e materiais!
Un saúdo,
As xoubiñas.


viernes, 3 de julio de 2015

Comezamos a nosa viaxe!

Hola vistantes da nosa blogue!

As Xoubiñas xa estamos de volta despois das vacacións de verán. Neste tempo de descanso collemos forza para afrontar o novo curso con ganas e ilusión.
Así, á nosa chegada ao colexio descubrimos os cambios que houbo nel xogando por todo o cole con diferentes pistas. Con este xogo coñecimos os novos contos que hai na biblioteca, coa axuda do "escaravello vermello" que vive nela; os cambios no noso patio, comparando as fotos sacadas durante o curso pasado, e sobretodo os cambios que houbo na nosa clase.

Agora na nosa aula contamos con amigos novos, o científico Enmett, máis coñecido como Doc, e Marty Mcfly; e cun elemento, o "condensador de fluzo" , que parece que vai a axudarnos a viaxar no tempo durante este curso! 

Tamén queríamos adiantarvos que estamos comenzando a traballar na creación dun mapa do noso colexio para que o noso amigo Doc poida coñecelo mellor. 

Manteremosvos informados do nosos descubrimentos e avances!


Un saúdo,
As xoubiñas.